Acemas sorteará catro cestas de Nadal para premiar a fidelidade dos clientes do comercio local

Acemas sorteará catro cestas de Nadal para premiar a fidelidade dos clientes do comercio local

A Asociación de Comerciantes Marín Sur (ACEMAS) presentaron esta mañá xunto coa concelleira de Comercio, Cristina Acuña, unha nova campaña de promoción comercial coa que premiar a fidelidade da clientela durante este Nadal.

A campaña consistirá no sorteo de tres cestas regalo para os comercios asociados á asociación e unha cesta máis para os postos do Mercadillo de Seixo, recentemente reinaugurado e no que Acemas tamén impulsou accións de dinamización, co sorteo de cheques por valor de 300 euros en compra.

Con cada compra, repartirase unha rifa con catro números para ter varias oportunidades para participar. Os tres números premiados na lotería de Nadal do 22 de decembro serán os que se asignen a esas tres cestas de Nadal.

No que respecta ao Mercadillo, os postos disporán duns talóns nos que o cliente cubrirá o nome e o número de teléfono, para despois depositalos nunha furna que estará montada nunha mesa alí. O luns da semana de Reis, ás 13.00 horas, sacarase un deses talóns da furna cunha man inocente, que descubrirá o gañador da cuarta cesta.

O importe das cestas, que están expostas na Praza de Abastos de Seixo, supera os 500 euros.

Anterior Arranca a Semana da Solidariedade para poder celebrar este Nadal de xeito equitativo e digno

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados