Acemas presenta unha nova campaña comercial con regalo seguro durante tres meses

Acemas presenta unha nova campaña comercial con regalo seguro durante tres meses

18 marzo 2021

A concelleira de Comercio, Cristina Acuña; a presidenta e o tesoureiro de Acemas (Asociación de Comerciantes Marín Sur), Cristina Souto e Manuel Solla, presentaron no  Mercado de Abastos de Seixo unha nova campaña de dinamización comercial impulsada desde a asociación e que pretende, durante tres meses, impulsar as ventas nos establecementos da parroquia e das zonas contiguas.

“Primavera de premios e agasallos” é o lema desta campaña, que se iniciará este sábado, coincidindo coa ponte de San Xosé e que, tal e como se dixo, durará tres meses. A partir de compras superiores a 10 euros, os marinenses ou visitantes que fagan as súas compras en Seixo poderán conseguir unha tarxeta regalo sorpresa, tipo rasca, na que se agocha un premio seguro.

E cales poden ser os premios? 1 xamón, 10 lotes con diversos produtos gastronómicos, 40 botellas de viño e 120 premios en cheques regalo con descontos nas compras dos establecementos asociados a Acemas.

Con esta iniciativa, na que colabora o Concello, a asociación pretende dinamizar o consumo de xeito directo na zona para poder conseguir que a economía local siga chea de vida.

Anterior O Museo Torres recibe a especial visita dun grupo de usuarios do Centro de Maiores

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados