Os directivos da asociación de comerciantes e a concelleira de Comercio, Cristina Acuña, presentaron a iniciativa, que repartirá 10.000 boletos entre a clientela
Marín, 24 setembro 2024
O apoio ao comercio local de Seixo terá premio ao longo deste outono. A asociación Acemas, xunto coa concelleira de Comercio, Cristina Acuña, presentaron esta iniciativa da entidade que suporá o sorteo de 450 euros en cheques regalo entre todos aqueles que fagan as súas complras nos seus establecementos asociados, onde poderán collerse as rifas.
En total, repartiranse 10.000 boletos e os sorteos faranse os sábados 28 de setembro, 26 de outubro e 30 de novembro no Mercado Municipal de Seixo, onde haberá unha furna para depositar as rifas. Cada un deses días, sortearanse 3 cheques por valor de 50 euros cada un.
A promoción, tal e como explica a asociación, é valida a partir de compras de 100 euros.