Acemas impulsa o sorteo de 450 euros en cheques regalo para apoiar ao comercio local de Seixo
Campaña Outono de Acemas 2024

Acemas impulsa o sorteo de 450 euros en cheques regalo para apoiar ao comercio local de Seixo

Os directivos da asociación de comerciantes e a concelleira de Comercio, Cristina Acuña, presentaron a iniciativa, que repartirá 10.000 boletos entre a clientela

Marín, 24 setembro 2024

O apoio ao comercio local de Seixo terá premio ao longo deste outono. A asociación Acemas, xunto coa concelleira de Comercio, Cristina Acuña, presentaron esta iniciativa da entidade que suporá o sorteo de 450 euros en cheques regalo entre todos aqueles que fagan as súas complras nos seus establecementos asociados, onde poderán collerse as rifas.

En total, repartiranse 10.000 boletos e os sorteos faranse os sábados 28 de setembro, 26 de outubro e 30 de novembro no Mercado Municipal de Seixo, onde haberá unha furna para depositar as rifas. Cada un deses días, sortearanse 3 cheques por valor de 50 euros cada un.

A promoción, tal e como explica a asociación, é valida a partir de compras de 100 euros.

Anterior O Concello instala unha marquesiña en Dr. Otero Ulloa para as persoas usuarias do transporte público

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados