Abraham Mateo, París de Noia e Combo Dominicano, algúns dos pratos fortes das Festas do Carme

Abraham Mateo, París de Noia e Combo Dominicano, algúns dos pratos fortes das Festas do Carme

O verán está á volta da esquina e iso só significa unha cousa: chegan as Festas do Carme e toda a programación cultural e de ocio que desde o Concello se prepara para os meses máis calorosos do ano.

A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, explicou esta mañá que desde o Concello se están a perfilar os últimos detalles “dunha programación que queremos que siga a estela destes últimos anos, chea de actividades que pensan en todas as idades, con opcións de ocio case todos os días e que sirvan como un potente revulsivo da nosa economía local”.

Ao longo das próximas semanas iranse desvelando máis detalles e a imaxe deste ano, pero xa se adiantaron algúns dos platos fortes que nos esperan. En Marín, actuarán Abraham Mateo, a París de Noia, o Combo Dominicano, Furia Joven, Galilea e Kubo.

Todas estas propostas terán lugar en torno ás datas centrais do Carme, “pero como levamos facendo estes últimos anos, teremos programación durante todo o mes e tamén en agosto e setembro”, declarou Sanmartín.

Tal e como indicaba ao inicio a concelleira, as Festas do Carme, ademais de ser un atractivo innegable de visitantes á nosa vila, tamén supoñen un importante

revulsivo económico para a hostalaría e o comercio local. Por iso, desde o Concello póñens todos os mimbres para que a programación axude a manter esa dinamización tan importante para a vila.

Anterior O sistema de Smart Mobility que permitirá ter información en tempo real do tráfico e do aparcamento

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados