A humanización da Avenida de Ourense non só supuxo un cambio radical na mobilidade da principal arteria urbana da nosa vila, senón que tamén mudou a súa estética paisaxística, coa intervención de xardinaría que se acompañou ao proxecto de humanización.
Ao igual que o mobiliario público ten que coidarse, respectarse e manterse ao longo do tempo, o mesmo acontece cos xardíns municipais. Segundo explican fontes municipais, “a día de hoxe, tan importante é escoller as plantas que se colocan nun espazo urbano, no que hai moitos factores que impactan no seu crecemento e desenvolvemento, como as técnicas de mantemento e de coidado que se aplican unha vez o xardín toma vida nas rúas e prazas”.
No caso da Avenida de Ourense, prantexouse un axardinado con plantacións densas e frondosas, cun gran valor estético, sobre todo de folla perenne para aumentar o seu valor paisaxístico e que tivesen un crecemento medio, de tal xeito que se adaptasen a un terreo de cota baixa, que non pode colapsar co paso dos anos.
Pero ademais tamén foi importante escoller propostas que, segundo explica o Goberno local, “supuxeran uns labores de mantemento mínimos, de tal xeito que o coidado destes novos xardíns non supoñan maior custe nin dedicación”, para poder adaptarse aos recursos municipais.
De xeito concreto, estas foron as especies arbustivas utilizadas:
- Nandina doméstica: coñecida polos seus espectaculares frutos vermellos e a excelente cor da súa follaxe.
- Nandina Gulf Stream: frutos vermellos e cun follaxe tupido e compacto.
- Nandina Obssesed Seika: follaxe tupido e compacto.
- Nadina Lemon and Lime: cunha cor chamativa e follaxe compacto.
- Nandina Fire Power: chamativa polas atractivas follas perennes vermellas en primavera, verdes no verán e alaranxadas no outono.
- LeucoĒhoe axilaris Curly red: chamativas follas rizadas perennes que van cambiando de cor. Flores blancas na primavera e baias vermellas.
- LeucoĒhoe scarleĒĒa Zeblid: follas granates, verdes e púrpuras segundo a época do ano.
- PenniseĒum Hameln: herba compacta, verde en verán con vistosas espigas, que en outono tornan amarelas.
- Myhlenbergia capillaris: herba con floracións elegantes e vaporosas de cor rosa de cara a finais de setembro.
- Carex Prairie Fire: herba con follas que van do verde ao laranxa.
- Ophiopogon japonicus: planta tapizante de atractivo follaxe verde.
En total, plantáronse 4.000 unidades destas plantas, que actualmente son un atractivo máis no paseo pola principal avenida da vila.