Investíronse 39.452 euros con cargo a unha subvención da Xunta de Galicia. A seguinte fase “será buscar financiación para actuar no interior do templo”, tal e como explicou o concelleiro Manuel Santos.
Marín, 01 xullo 2024
A Torre do Reloxo do Templo Vello xa loce a súa imaxe renovada, unha vez rematadas as obras de restauración levadas a cabo durante o último mes. Este elemento patrimonial, construido en 1925 e de titularidade municipal, estaba entre os obxectivos principais de restauración do patrimonio.
A inversión realizada ascende a 39.452 €, con cargo a unha subvención da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Realizáronse traballos de limpeza, restauración e consolidación dos muros e a zona superior da torre; substituíuse a carpintería exterior e as ventás e cambiouse a porta de acceso á torre. Tamén se eliminaron as filtracións de auga e mellorouse o sellado.
O edil de Urbanismo asegurou que “a seguinte fase ten que ser traballar polas necesidades do interior da torre, como é actuar na estructura metálica do campanario, a mellora da cuberta, a zona da maquinaria do reloxo e a restauración das paredes interiores, ademais de actuar nos desagües, a escaleira e a carpintaría”.