A Rotonda das Anclas sufriu hoxe un accidente, debido, segundo as primeiras investigacións que está levando a cabo a Policía local, á colisión dun camión de gran tamaño que transportaba madeira, que fixo unha mala manobra ao virar para facer a rotonda. Afectouse tanto á pedra que delimita a zona axardinada como ás propias plantas.
O suceso aconteceu pasadas as 07.20 horas da mañá e o corpo de seguridade local está tratando de dar co condutor do vehículo que causou os estragos na elemento público.
O Concello arranxará nos próximos días os materiais e as prantas afectadas, para que a rotonda volva lucir o seu aspecto habitual.