A primeira planta do Concello de Marín acolle desde onte a exposición “Con mans de muller”, da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur) e da Asociación AGRO (Asociación Para a Promoción das Mulleres do Rural).
A mostra, que hoxe foi visitada pola concelleira Mónica Viqueira, é unha escolma de 25 imaxes, que mostran a 25 mulleres do eido rural realizando traballos cotiás do xeito máis artesanal. Por iso, as mans aparecen como as grandes protagonistas das historias que se contan a través das fotografías.
O obxectivo da exposición, que conta ca colaboración da Deputación de Pontevedra, é ser “unha ferramenta de divulgación cultural” onde se lle dea visibilidade ás mulleres do rural, que son de diversas idades, procedencias e profesións.