Os concelleiros Marián Sanmartín e Pablo Novas acudiron hoxe ata a zona de Pedreiras para reunirse coa empresa que executará a primeira fase da rehabilitación integral deste barrio, un proxecto complexo pola orografía propia da zona pero que suporá unha mellora a nivel estético, urbanístico e medio ambiental.
En total, a actuación consistirá en catro fases de execución e suporá unha inversión de 843.000 euros. O luns arrancará a primeira das fases, na que está previsto actuar na Rúa de Pedreiras de Arriba, nunha extensión de aproximadamente 700 metros cadrados, cunha inversión de 202.464,89 euros. Na actuación realizarase unha reforma integral da zona, rehumanizando a rúa e renovando todos os servizos.
Os traballos faranse tratando de afectar o mínimo posible al tráfico, aínda que pola propia natureza das obras será preciso levar a cabo cortes puntuais.
As seguintes fases afectarán á Rúa de Pedreiras do Medio (fase 2), Rúa de Pedreiras de Abaixo (fase 3) e ao Lavadoiro e os Camiños da Fonte de Pedreiras (fase 4).
“Con esta inversión estamos cumplindo co noso compromiso de traballar pola urbanización e a mellora de todo o termo municipal da nosa vila e, sobre todo, seguimos traballando no coidado do medio ambiente e a sostibilidade coa renovación de todos os servizos”, declararon os edís.