O Concello de Marín vén de rematar os traballos de substitución de
varanda da ponte sobre o río Loira, unha actuación que supuxo unha
inversión de máis de 10.000 euros, que supón unha importante mellora
non só da seguridade da ponte, senón tamén da estética deste espazo
en Soaxe, na parroquia de Seixo.
A varanda da ponte, ademnais de supoñer un importante impacto visual na
paisaxe, tamén era un risco de seguridade por atoparse en mal estado.
No que respecta á estrutura, a ponte mantén un bo estado, pero esas
protecións laterais existentes presentaban un estado ruinoso, que
precisaba dunha actuación urxente.
Tamén se realizou unha sibstitución da capa da rodadura existente,
para poñer unha solera de formigón desactivado que homoxeniza o espazo
de tránsito.
Posta en valor dunhas antigas escaleiras
O lugar de Soaxe tamén foi obxecto do encintado e da posta en valor
dunhas antigas escaleiras, que son moi utilizadas pola veciñanza para
cruzar desde a Avenida Doutor Otero Ulloa á Estrada Vella.
Esta intervención tivo por obxecto limpar a escaleira e mellorala para
que a veciñanza poda utilizala con seguridade.