04 febreiro 2021
A Policía Local de Marín está a traballar intensamente estes días para velar polo cumprimento das restricións vixentes para loitar contra a pandemia, como son o uso da máscara, a prohibición da reunión con non convivintes, o peche perimetral ou o toque de queda.
Segundo indican desde o corpo de seguridade local, nesta última semana interpuxéronse 22 denuncias por incumprir algún destes supostos. Concretamente, catro por non respectar o límite perimetral, 13 por non levar máscara ou facer un uso incorrecto da mesma, 1 por fumar camiñando e sen distancia de seguridade, 4 por non respectar o horario do toque de queda e 2 por reunión con persoas non convivintes.
Os axentes están habilitando controis diarios, nos que, de media, estanse a vixiar 302 vehículos cada día.
Intercepetados na Finca de Briz
Por outra banda, a Policía Local informa de que localizou hai dous días a catro rapaces, dous menos de idade, de 16 e 17 anos, e a outros dous adultos de 18, bebendo nun espazo da Finca de Briz en horario lectivo, ás 12.30 horas.
Os pais dos menores foron notificados, así como o centro no que se atopan escolarizados.
Propúxoselles unha sanción por reunión de non convivintes.