A Policía Local de Marín, a primeira en recibir o curso de formación en violencia de xénero da Xunta de Galicia

A Policía Local de Marín, a primeira en recibir o curso de formación en violencia de xénero da Xunta de Galicia

Unha ducia de integrantes da Policía Local, ademais do persoal do CIM, recibiron durante toda esta pasada semana o curso de formación en violencia de xénero que ofrece a Xunta de Galicia, co obxectivo de garantir unha atención integral ás vítimas.
Dos 60 cursos ofertados polo Goberno autonómico, o impartido en Marín foi o primeiro de todos, repartido en dúas sesións diarias de xornada completa, concretamente o mércores e o xoves. A iniciativa, levada a cabo pola Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), en colaboración ca Secretaría Xeral de Igualdade, enmárcase nas actuación do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Na formación, os axentes da Policía Local adquiriron coñecementos sobre o tratamento policial das vítimas de violencia de xénero e sobre os protocolos de actuación que se deben seguir para evitar ou responder ante unha agresión machista.
Asimesmo, impartíronse contidos relacionados coa perspectiva de xénero e a atencións psicolóxica ás vítimas.
O equipo docente destes cursos está composto por máis de 40 profesionais especializados en igualdade e procedentes de diversos campos, como a avogacía, a psicoloxía ou do propio corpo de seguridade.

Anterior Finalizada a elaboración dos pregos de contratación do Auditorio de Marín

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados