A Policía Local activa o Programa Axente Titor para resolver situacións de absentismo escolar dixital

A Policía Local activa o Programa Axente Titor para resolver situacións de absentismo escolar dixital

A Policía Local de Marín leva varios anos establecendo unha colaboración con Inspección Educativa, o que se coñece como o Programa Axente Titor, no que colaboran en cinco centros escolares do municipio e co que se actúa ante casos de absentismo escolar dixital.

O obxectivo do proxecto é tratar de contactar con aquelas familias do alumnado no que se dá algún tipo de problema desta índole, para así coñecer o motivo deste absentismo e tratar de darlle unha solución para evitalo. Para iso, os centros educativos poñen en coñecemento dos axentes os casos nos que detectan que se está a producir esta situación, para despois actuar baixo o protocolo marcado polo Programa Axente Titor, que tamén cubre áreas como

  • A resolución de situacións de acoso
  • A identificación de casos de consumo de drogas nos centros escolares
  • O asesoramento e prevención en redes sociais e seguridade dixital
  • A mellora da seguridade viaria no entorno das escolas e institutos
Anterior Bando pola sequía

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados