Os traballos de renovación do pavimento no Camiños dos Sapos e na Rúa Coteiros xa están prácticamente finalizados, á espera de rematar só o que ten que ver co pintado. Este proxecto forma parte da aposta polo Goberno local de mellorar a mobilidade, a accesibilidade e a seguridade viaria dos veciños no termo municipal, facilitando a convivencia e o goce do espazo público.
Estes dous camiños pertencen á parroquia de Santa María do Porto e verán renovado
integramente o seu pavimento e a súa sinalización. A lonxitude aproximada do tramo a
renovar é de 242 metros, aos que se deben sumar outros 44 metros dun ramal secundario
que tamén será obxecto de renovación.
A actuación está motivada polo mal estado no que se atopa na actualidade o pavimento
de ambos camiños, debido ao uso, ao paso do tempo e aos efectos derivados dos
fenómenos meteorolóxicos.
Por tanto, non se viu afectado o actual espazo adicado ao estacionamento. Simplemente, procederase a renovar a sinalización horizontal das prazas existentes, complementándoa con novos elementos de sinalización vertical.