A piques de comezar o repintado de gran parte das marcas viarias do casco urbano

A piques de comezar o repintado de gran parte das marcas viarias do casco urbano

18 setembro 2021

O Concello de Marín iniciará  as labores de rehabilitación de marcas viais en rúas do casco urbano de Marín, un proxecto que se enmarca no programa de intervencións en vías públicas do Goberno local para mellorar o espazo urbano.

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, mantivo unha reunión de coordinación coa empresa que realizará a obra, así como coa Policía Local. Nela, informouse de que os pintados serán realizados durante a noite, polo que non afectarán ao tráfico. Unicamente, pedirase a retirada de vehículos estacionados nalgún caso, algo que será avisado con anterioridade a través de cartelaría.

A actuación, na que se investirán 26.594,51 euros, consistirá no repintado de marcas viais do pavimento da calzada, dado o importante deterioro da pintura que se pode ver a simple vista, mermándose a súa visibilidade.

Por outra banda, esta actuación permitirá corrixir os casos onde a sinalización existente non se axuste á normativa. Durante a execución, será preciso estar moi pendentes da climatoloxía, xa que estes traballos non se poden realizar con chuvia.

As rúas que se beneficiarán deste proxecto de repintado serán:

  • Rúa Lameira
  • Avenida de Ejército y Marina
  • Intersección da Rúa do Forte, con Avenida Ejército y Marina e Rúa Lameira
  • Rúa do Forte na súa totalidade
  • Enlace da Rúa do Forte con Tiro Naval Janer
  • Enlace da Avenida de Ejército y Marina con Rúa Tiro Naval Janer e Rúa da Ponte
  • Rúa Serafín Tubío
  • Entorno da Praza de España
  • Rúa da Ponte
  • Enlace da Rúa da Ponte con Rúa Doutor Touriño Gamallo
  • Rúa Doutor Touriño Gamallo
  • Rúa Concepción Arenal (xunto ao Parque Eguren e ata o seu enlace coa Rúa Carballiño)
  • Rúa da Estrada
  • Rúa Méndez Núñez
  • Rúa Vidal Pazos
  • Enlace da Rúa Méndez Núñez con Concepción Arenal e República Arxentina
  • Rúa República Arxentina
  • Enlace da Rúa República Arxentina coa Rúa de Quevedo
  • Rúa de O Carballiño
  • Rúa de José Trasande

 

 

 

Anterior Marín reúnese co sector turístico para presentar as liñas mestras do seu Plan de Turismo Sostible

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados