A inclusión deportiva tamén chega ao paddle surf de Aguete

A inclusión deportiva tamén chega ao paddle surf de Aguete

O concelleiro Antonio Traba e Guillermo Roca, de Inmua, presentaron o Plan Corresponsables da Xunta de Galicia que ofrecerá a práctica deste deporte a nenos e nenas menores de 16 anos durante o próximo trimestre.

Marín, 30 agosto 2023

O concelleiro de Deportes, Antonio Traba, e Guillermo Roca, de Inmua Paddle Surf Aguete, presentaron hoxe o proxecto impulsado a través da Federación Galega de Surf e que será articulado por esta empresa marinense para ofrecer a todos os nenos e nenas menores de 16 anos a posibilidade de practicar este deporte durante os meses de setembro, outubro e novembro.

Esta iniciativa enmárcase no Plan Corresponsables da Xunta de Galicia, que busca fomentar a práctica deportiva e a adquisición de hábitos saudables, ao fin de mellorar a vida cotiá das familias equilibrando o tempo laboral, familiar e persoal.

Tal e como explican desde o club, xa desde agosto están levando adiante este proxecto cun gran éxito de participación de nenos e nenas de todas as parroquias de Marín. Seguirá durante os meses con 24 grupos de 8 nenos e nenas, repartíndose uns con clases os luns, mércores e venres, e outros con sesións os martes, xoves e sábados.

Ademais, de cara á selección dos nenos e nenas que participarán no programa, a Federación priorizará ás familias monomarentais, monoparentais, vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou a unidades familiares nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados, así como o nivel de renda.

As persoas interesadas para a inscrición poden poñerse en contacto co club a través de llamada ou Whatssap ao 625777297 ou no email paddlesurfaguete@gmail.com.

Anterior O informe de Bandeiras Azuis pon o broche de ouro a un verán espectacular na vila marinense

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados