A Concelleira de Turismo e Comercio, Da Cristina Acuña e a Presidenta do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, Da Isabel Torres, presentaron esta mañá a I Edición de “Stock Marín”. A montaxe que comezou onte, farase aproveitando o longo da Alameda e instalaranse 23 carpas individuais: 15 de 5*5m e 8 de 3*3m, das cales 19 correspéndense con negocios da vila.
Estes establecementos ofrecerán a uns prezos extraordinarios (descontos desde o 60%) productos relacionados cos seguintes sectores: Moda home – muller, moda infantil, lencería, complementos do fogar, calzado, calzado infantil, deportes, xoiería, bisutería, informática, alimentación, papelería, material escolar e xoguetería.
O horario do evento será de 11 a 14.00 e de 18 a 23 e a entrada será gratuíta.
Coa finalidade de cumprir as recomendacións do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, controlarase o aforo do evento en todo o momento e o uso da máscara será obrigatorio. Habilitaranse dous puntos para entrada e saída dos visitantes ao evento, nos cales se instalarán dous dispositivos industriais con xel hidroalcohólico, que haberá que utilizar antes de acceder ao evento.
Dentro da alameda, crearase un percorrido que permitirá aos visitantes manter a distancia interpersoal, xa que haberá un corredor de máis de 5 metros de ancho. Como norma, terase que circular sempre á dereita.
Ademáis entregaremos aos establecementos participantes máis de 35.000 luvas desbotables para que poidan usar os clientes e así darlle cumprimento ao disposto polo ISSGA.
Queremos agradecer a predisposición do Concello, a colaborar con esta I Edición de Stock Marín, xa que consideramos que este evento nestes momentos é unha boa ferramenta para poder darlle saída aos stocks acumulados por mor da pandemia da Covid-19. Neste caso, o Concello de Marín, dentro do seu Plan de Reactivación Comercial, asume parte dos custos da montaxe e parte dos custos do control e vixianza do evento.
O venres, ás 12h terá lugar un acto de inauguración do evento, para o cal temos confirmada a asistencia da Alcaldesa do Concello de Marín Da María Ramallo así como tamén da Directora Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia Da Sol Vázquez. Sen otro particular, reciban un cordial saludo