A humanización de Concepción Arenal, unha aposta pola mellora da mobilidade urbana e peonil

A humanización de Concepción Arenal, unha aposta pola mellora da mobilidade urbana e peonil

A Rúa Concepción Arenal xa estrea, de xeito definitivo, a súa nova imaxe. A profunda humanización que se desenvolveu neste viario en dúas fases a través dun convenio entre a Consellería de Infraestruturas e o Concello, supón un cambio importante na fisionomía desta vía de comunicación.
Beirrarúas máis amplas, mellor trazado dos carrís de tráfico e renovación de todos os servizos de saneamento e do mobiliario urbano, incluíndo a iluminación, que agora cumpre cos estándares de eficiencia enerxética. Eses foron os eixos desta obra, que vén a continuar o traballo do Goberno local de mellorar a mobilidade en todo o espazo público.
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, paseou esta mañá pola rúa coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, aproveitando a súa visita ao Concello para informar da posta en marcha da Tarxeta Xente Nova, destinada ao transporte público e da que tamén se poderá beneficiar a mocidade de Marín, que poderá solicitala nas oficinas de Abanca de Estribela, Jaime Janer e Seixo con cita previa e que entrará en funcionamento a partir do día 15.

Renovación do colector xeral
Por outra banda, a alcaldesa informou de que recentemente reanudáronse as obras de renovación do colector xeral na Avenida de Ourense, un proxecto “fundamental para o saneamento da nosa ría”, enmarcado no plan de Augas de Galicia para a mellora do ecosistema fluvial pontevedrés.
Os traballos atópanse na cuarta fase de execución e está previsto que poidan rematar definitivamente neste verán. De xeito paralelo, a alcaldesa incidiu na necesidade de que os concellos “traballen por mellorar as súas redes” e por iso todas as humanizacións de rúas, como a recén rematada Concepción Arenal ou a que vén de iniciarse na Rúa Estrada, comportan tamén a substitución das redes de saneamento, para instalar redes separativas.

Anterior A Aula CeMIT estará dispoñible para a realización de exames universitarios

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados