A humanización da contorna do Mercado de Seixo, xa en licitación

A humanización da contorna do Mercado de Seixo, xa en licitación

17 setembro 2021

O centro de Seixo está a transformarse a nivel urbanístico. Despois de rematar a humanización da Rúa Camiño Vello e de habilitar un novo aparcadoiro disuasorio totalmente céntrico, agora é a quenda dun dos grandes proxectos para a parroquia: a humanización do entorno do Mercado Municipal de Seixo.

O proxecto, que está aprobado e co seu proceso de licitación iniciado, permitirá mellorar esta zona central da parroquia, que actualmente está infrautilizada e non cumpre cos estándares esixibles para unha mobilidade adecuada. De feito, tal e como explica o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, “é evidente que este espazo ten unha configuración desordenada, ademais de que necesita con urxencia a renovación dos servizos de abastecemento, saneamento e alumeado”.

Con este proxecto, reformularase a rúa para que teña plataforma única, con uso prioritario de peóns e cunha plaza anexa a nivel que permita usos múltiples de ocio e desfrute do entorno urbano. En total, aumentarase o espazo peonil en máis de 800 metros cadrados. Tamén se renovarán a xardinaría, a sinalización e o mobiliario urbano.

O orzamento global do proxecto ascende a case 730.150 euros, dos cales 548.058,39 serán aportados pola Deputación de Pontevedra, a través do Programa ReacPon. O prazo de execución da obra será de 6 meses.

Anterior Concurso de Decoración de Nadal

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados