01 febreiro 2022
A conectividade a Internet é un ben básico na actualidade, debido ao enorme uso que facemos das novas tecnoloxías, xa non só no ámbito do ocio, senón tamén no académico e laboral.
Por iso, o Concello de Marín está adherido á Plan PEBANG (Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación), un plan de despregue de fibra que permite que na nosa vila se extenda esta conectividade aos núcleos rurais.
Actualmente, a vila ten unha cobertura de fibra óptica de 11.633 vivendas, o que supón unha porcentaxe do 85% do termo municipal. Agora, prevese un novo despregue en varios núcleos que beneficiará a 250 novas vivendas. Son os seguintes:
● Currás – Finais de 2022
● Sobrerias – Finais de 2022
● O Sequelo – Finais de 2022
● Cadrelo – Finais de 2022
● Fixón – Finais de 2022
● Miñan – Mediados de 2022
● Silvestre – Finais de 2022
● Esperela – Finais de 2022
● A Troncosa – Finais de 2023
● Ameal – Finais de 2023