A exposición “Bravxs” desembarca no Concello e percorrerá os centros educativos para conmemorar o 25N

A exposición “Bravxs” desembarca no Concello e percorrerá os centros educativos para conmemorar o 25N

O recibidor do Concello encheuse dos paneis informativos da exposición Bravxs, unha mostra cuxa
organización conta ca colaboración da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e co
cofinanciamento da Federación Española de Municipios e Provincias, a través do Programa de
Empoderamento e Liderado Feminino.
A exposición trata temáticas como a inxustiza e a discriminación no ámbito da ciencia que sofren as
mulleres, a pesar da valía das súas investigacións e descubertas, a través dunhas caretas ilustradas por
Marta Riera, ex mestra da Facultade de Belas Artes.
O Concello, a través do CIM, programou de cara á conmemoración do Día Internacional da Loita Contra
a Violencia de Xénero, o 25N, que esta exposición chegue aos centros educativos de Marín con alumnado
na ESO e Bacharelato, ademais dos ciclos formativos.
Os rapaces e as rapazas coñecerán, grazas a esta iniciativa, a historia de mulleres enormemente relevantes
no eido científico como Ada Lovelace ou Rosalind Franklin. Ademais, poderán propoñer novos nomes de
mulleres que tamén foron invisibilizadas para unilos á lista proposta.
Por outra banda, estes cursos visionarán o documental ‘Debuxando o xénero’, un proxecto divulgativo
realizado por Gerard Coll-Planas e María Vidal.

Caravana Morada
Dentro do programa do 25N, tamén serán esta semana as visitas da Caravana Morada ao alumnado de Educación
Infantil e Primaria dos centros educativos de Marín.
Alí, entregaránselles contos, debuxos animados e xogos cos que traballarán de maneira interactiva para
avanzar na súa sensibilización.
A caravana xa estivo presente nas festas do San Miguel e do San Migueleiro deste verán e contou coa
colaboración de máis de dez voluntarios.

Anterior Convocatoria de oposición para unha praza de técnixo de xestión

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados