15 xaneiro 2021
A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, visitaron esta
semana as obras de renovación de todo o alumeado público da estrada Vilaseca – O Pazo,
na parroquia de Ardán.
Estes traballos supuxeron unha inversión de 48.300 euros e dividíronse en dous tramos.
Por unha banda, no tramo de Vilaseca, renovouse a instalación e estanse colocando novos
puntos de luz para facer máis extensa a rede de alumeado.
No que respecta ao tramo do Monte de Víos, estase a instalar un novo alumeado, xa que
non se contaba con este servizo neste tramo.
En total, en todo o proxecto renováronse 20 puntos de luz e instaláronse outros 21 novos
para reforzar a seguridade viaria en toda a zona.