A empresa Disgatok súmase á brigada de limpeza municipal e a Protección Civil nas labores de desinfección da vila

A empresa Disgatok súmase á brigada de limpeza municipal e a Protección Civil nas labores de desinfección da vila

Ca situación sanitaria que estamos a vivir, o traballo habitual de limpeza viaria viuse cuadriplicado, dado que é necesario realizar chorreos e desinfeccións especiais no municipio para evitar o máximo posible a propagación do coronavirus.
Por iso, a brigada de limpeza está entre os servizos públicos mínimos durante a vixencia do estado de alarma. “Para garantir a seguridade laboral dos empregados na brigada, tomamos desde o primeiro momento todas as medidas de prevención e hixiene pertinentes e organizamos as quendas para que a plantilla se reparta”, explicou a alcaldesa, María Ramallo.
Durante estes días e como reforzo para optimizar ao máximo este labor, aos operarios da brigada uníronse voluntarios de Protección Civil, coordinados co Concello, e os empregados da empresa Disgatok, que está a realizar a limpeza de maneira altruísta.
A alcaldesa quixo esta mañá “agradecer profundamente este xesto” por parte da firma e, en xeral, “todo o esforzo que están a realizar os traballadores públicos e Protección Civil para manter desinfectados os principais puntos da vila”.

Anterior O Concello de Marín contacta cos maiores de 80 anos que viven sos para ofrecerlles axuda durante o confinamento

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados