A Corporación municipal vota por unanimidade a favor de loitar contra a ludopatía

A Corporación municipal vota por unanimidade a favor de loitar contra a ludopatía

A Corporación municipal de Marín fixo visible onte no Pleno municipal a súa preocupación pola problemática relacionada cas casas de apostas e salóns de xogo. Todos os partidos políticos votaron unanimemente a favor das mocións presentadas polo PSOE e polo BNG nas que se insta á Xunta de Galicia a que paralice as licencias de nova apertura de este tipo de establecementos.

Tal e como explicou o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, o Goberno local está “sensibilizado con esta preocupación social e comprendemos a súa base”, por iso considera que é importante tomar medidas, aínda que estas son competencia da Xunta de Galicia, polo que será a administración autonómica a que traballe nesta liña. De feito, as peticións das mocións aprobadas onte en Marín “xa se contemplan nun decreto aprobado o pasado maio pola Xunta, que é o que está poñendo a base da regulación desta situación”.

Anterior A primeira fase das obras de renovación da EBAR da Goleta rematará antes de Nadal

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados