A Casa de Cultura de Mogor recupera a súa actividade para a veciñanza

A Casa de Cultura de Mogor recupera a súa actividade para a veciñanza

05 outubro 2021

 Os concelleiros Cristina Acuña e Pablo Novas visitaron esta mañá a Casa de Cultura de Mogor, onde se reactivará a actividade despois das restricións que mantiveron pechadas as salas por mor da Covid19.

Ademais, acompañados polo presidente da Asociación de Veciños de Mogor, Jose Rosales García, aproveitaron para comprobar como quedaron os traballos de mellora da cuneta fronte ao edificio. Unha actuación que, ademais de canalizar a auga, permitiu que se habilitase unha zona para aparcadoiro de varios coches, que antes tiñan moitas dificultades para estacionar nese espazo porque non estaba acondicionado.

Anterior I Marín Gaming Fest, unha festa na nosa vila para os amantes dos videoxogos

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados