A brigada municipal de limpieza conta cun novo vehículo para seguir mellorando o mantemento municipal

A brigada municipal de limpieza conta cun novo vehículo para seguir mellorando o mantemento municipal

A brigada municipal de obras contará desde hoxe cun novo vehículo multiservicio novo, análogo aos que xa tiñan na frota municipal, para seguir prestando coa maior das calidades os traballos de mantemento que se realizan no espazo municipal.

Os concelleiros Pablo Novas e Marián Sanmartín recibiron xunto co encargado da brigada este novo suministro, que se acadou grazas a unha subvención do Fondo de Compensación Ambiental por importe de 34.485 euros, estando cofinanciado o 85%.

O vehículo terá unha garantía de 3 anos e axudará a modernizar a maquinaria desta brigada, que ten un intenso uso debido a todas as necesidades que existen día a día neste sentido.

Anterior As obras do Centro SocioCultural avanzan a bo ritmo

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados