A Aula CeMIT do Concello, situada na planta superior da Biblioteca Municipal Vidal Pazos, estará a disposición do alumnado universitario do municipio para a realización dos exames que teñan de xeito telemático.
Será durante os meses de xuño e xullo e tratará de resolver, deste xeito, os problemas de conexión a Internet que poidan ter determinadas familias con alumnos na Universidade, dotándoos da conexión da Aula Cemit e dos ordenadores que están dispoñibles na mesma.
Os estudantes que queiran facer uso deste servizo terán que darse de alta como usuarios da Rede CeMIT e seguir o protocolo específico, que se pode consultar aquí.