A Policía Local de Marín leva varios anos establecendo unha colaboración con Inspección Educativa, o que se coñece como o Programa Axente Titor, no que colaboran en cinco centros escolares do municipio e co que se actúa ante casos de absentismo escolar dixital.
O obxectivo do proxecto é tratar de contactar con aquelas familias do alumnado no que se dá algún tipo de problema desta índole, para así coñecer o motivo deste absentismo e tratar de darlle unha solución para evitalo. Para iso, os centros educativos poñen en coñecemento dos axentes os casos nos que detectan que se está a producir esta situación, para despois actuar baixo o protocolo marcado polo Programa Axente Titor, que tamén cubre áreas como
- A resolución de situacións de acoso
- A identificación de casos de consumo de drogas nos centros escolares
- O asesoramento e prevención en redes sociais e seguridade dixital
- A mellora da seguridade viaria no entorno das escolas e institutos