Axudas ARI

Axudas ARI

1. AXUDAS NO ENTORNO RESIDENCIAL DE REHABILITACIÓN PROGRAMADA-ERRP DE MARÍN

Publicouse no BOPPO do 13.12.2024 o Extracto da Modificación das Bases e convocatoria das axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel de Barrio no Entorno Residencial de Rehabilitación Programada do “Casco Vello e Barrio da Banda do Río Lameira” incluídas no PRTR-NextGenerationEU.

Preme aquí para ver os detalles

BENEFICIARIOS

Propietarias, usufrutuarias, arrendatarias, comunidades ou agrupación de propietarias e sociedades cooperativas

DIRIXIDO A

Edificios residenciais colectivos e unifamiliares (EXCLUÍDAS as vivendas sitas en edificios residenciais colectivos)

PRAZO

O prazo de solicitude é do 14 ao 30 de decembro do 2024

PRESENTACIÓN

Por medios electrónicos, a través da Sede electrónica.

As persoas físicas tamén poderán presentar no rexistro municipal en papel de xeito presencial.

MÁIS INFO

Para obter máis información sobre a axuda, pode chamar ao 986 890 488, escribindo ao correo ari@concellodemarin.es ou visitando a Oficina de Rehabilitación da Vivenda do concello de Marín (de martes a venres).

A documentación desta convocatoria pode ser consultada na Base de Datos Nacional de Subvencións a través da seguinte ligazón.

Obras nas que se obteña unha mellora determinada da eficiencia enerxética, especialmente na envolvente edificatoria dos edificios de tipoloxía residencial colectiva e unifamiliar, retirada de elementos con amianto, honorarios profesionais asociados e gastos derivados da tramitación administrativa debidamente xustificados.

• Contar coas licenzas e autorizacións administrativas que correspondan

• Non estar iniciadas antes do 01.02.2020 nin estar rematadas no momento da publicación do extracto desta convocatoria no BOP

• Redución da demanda enerxética anual global dun 25% como mínimo e do consumo de enerxía primaria non renovable dun 30% como mínimo

• Dispoñer de proxecto ou memoria así como de libro de edificio existente ou estudio sobre o potencial de mellora

• Nos edificios de tipoloxía residencial colectiva esixirase que o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda

• As demais recollidas no artigo 6 das bases e convocatoria

 

 

Aforro enerxético conseguido coa actuación

 

Porcentaxe máxima da subvención do custo da actuación

 

Vivenda

Locais comerciais ou outros usos

 

Contía máxima da axuda por vivenda

 

Contía máxima da axuda por m2

30 % ≤ ΔC     < 45 %

40 %

8.100€

 

72 €

45 % ≤ ΔC     < 60 %

65 %

14.500€

130 €

ΔC       ≥ 60 %

80 %

21.400€

192 €

 

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados