Plan de pavimentación de camiños rurais

Plan de pavimentación de camiños rurais

A integridade das infraestruturas viarias en todo o termo municipal, pero especialmente no rural, é unha prioridade para o Goberno local, que considera esencial poder ofrecer servizos de comunicación vertebrados entre todos os núcleos de poboación.

Nese sentido, ano a ano adxudícase o Plan de Pavimentación de Camiños Rurais. En 2022-2023, actuarase en máis de 3.000 metros de camiños de titularidade municipal, cunha inversión superior aos 250.200 euros.

Este paquete englobará a mellora do pavimento nos seguintes camiños:

  • O Carregal, Pena e Caeiro

    na parroquia de San Xulián

  • O Cruceiro do Vento

    na parroquia de Mogor

  • Castro e A Brea-O Barrio

    na parroquia de Seixo

  • Ameal-Oubiña e Sobreiras

    na parroquia do Campo

  • O Pereiro e O Pozo

    na parroquia de Santomé de Piñeiro

  • Loira e Saíde

    na parroquia de Ardán

É dicir, un total de 12 camiños rurais que verán rehabilitado o seu firme, mellorando a seguridade viaria da veciñanza que, en moitos casos, ten nestes camiños a única vía de acceso ás súas vivendas e parcelas privadas.

WEBS ASOCIADAS

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados