Futuro centro de Ocio Xuvenil

Futuro centro de Ocio Xuvenil

O Liceo Casino de Marín está a piques de converterse nun Centro de Ocio Xuvenil. O Concello ten en marcha as obras de remodelación do mesmo para despois crear nel un proxecto de dinamización na primeira planta destas instalacións, xa que o soto será destinado ao Arquivo municipal, que estará mellor catalogado e conservado, e contará cunha entrada única.

A creación deste centro é fundamental para poder ofrecer á xuventude marinense un lugar que lles sirva non só a nivel social, senón formativo e de dinamización, adaptado aos seus intereses e no que poidan desenvolver o seu potencial, namentres gozan dun tempo de lecer de calidade.

Novas tecnoloxías, destrezas educativas, aptitudes culturais e artísticas e outras liñas de desenvolvemento persoal serán as liñas que marquen as actividades e servizos que se ofrezan no centro, que estará pensado para rapaces e rapazas de entre 14 e 20 anos, aproximadamente.

Segundo se extrae do proxecto, o centro contará cun amplo vestíbulo, que servirá como un espazo polivalente; unha sala de traballo e de estudo, unha sala de informática e unha sala de xogos e descanso.

Esta inversión realizarase con cargo ao remanente de Tesourería e axudará a adaptar as actuais instalacións, que datan de 1993 e ocupan case 1.700 metros cadrados. O soto será destinado ao Arquivo municipal, que estará mellor catalogado e conservado, e contará cunha entrada única.

Contará cunha zona de recepción propia xunto ás escaleiras existentes e prevese a instalación dun ascensor para facilitar tanto o acceso peonil como o traslado de cargas pesadas ao arquivo.

No caso da planta baixa, a día de hoxe existe unha distribución con usos como cafetaría, sala de baile, ximnasio e piscina. Con este proxecto, readaptarase esa distribución para poder crear un amplo vestíbulo multiusos, unha sala de traballo e estudo, unha sala de informática e unha sala de xogos e descanso.

 

WEBS ASOCIADAS

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados