Aparcadoiro subterráneo do Parque Eguren
Haga click para desplegar
O Goberno local leva anos traballando en ofrecer alternativas de estacionamento coas que Marín poida asumir a importante carga de turismos que transitan polas nosas vías e que precisan estacionar no centro urbano.
O terceiro piar do Proxecto MARES (Marín Estacionamento), ademais dos aparcadoiros públicos gratuitos e a Zona 2H é a construción dun aparcadoiro subterráneo no Parque Eguren.
Encargouse un estudo de viabilidade, necesario para levar adiante o futuro proceso de licitación. Segundo se recolle no documento, a explotación do servizo do aparcadoiro realizaríase a través dunha concesión, calculada para unha duración de 40 anos.
Despois de realizar todas as análises técnicas pertinentes, proxéctase que o aparcadoiro teña dúas prantas. A primeira delas, con entrada e saída da Rúa Concepción Arenal, e con 104 prazas.
A segunda, estaría conectada á superior cunha rampa e nela ubicaríanse 114 prazas, polo que en total, a capacidade do aparcadoiro sería de 218 prazas, estando 7 delas reservadas para usuarios con mobilidade reducida.
A inversión prevista para este aparcadoiro é de 5.388.704,28 euros.