A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS) en colaboración coas Aula CeMIT da Xunta de Galicia, vai levar a cabo un seminario on line na aula de Marín sobre o uso das novas tecnoloxías.
Estas xornadas están destinadas prioritariamente, a persoas maiores de 45 anos (aínda que sen excluír a calquera outra persoa interesada por motivos de idade) cun nivel de aceptación inicial.
Preténdense dar a coñecer os principais usos que teñen os dispositivos móbiles e tabletas coa clara intención de desbloquear os temores e barreiras psicolóxicas que, en moitos casos existen no seu uso por parte dos maiores, achegándolles os coñecementos necesarios e a aplicación directa da tecnoloxía no seu día a día.
Todos os venres durante 7 semanas, é dicir , 12-19-26 de maio e o 2-9-16-23 de xuño en horario de 11:00 a 12:30 horas
Parte 1:
• Descobre o teu móbil e goza de todo o que che pode ofrecer
• Conecta o teu móbil a Internet de forma segura e empeza a navegar
Parte 2:
• Aprende a navegar por Internet
• Consellos de uso de Google para utilizar todas as súas funcións
Parte 3:
• Usa Internet con seguridade . Protéxeche dos perigos da Rede
• Principais aplicacións gratuítas para manter os teus dispositivos protexidos
Parte 4:
• Fotografía dixital en computadores e dispositivos móbiles
• Trucos para sacar mellores fotos e edición de imaxes para crear recordos especiais
Parte 5:
• Aplicacións móbiles para coidar a túa saúde
• Controla a túa actividade física e a túa alimentación co teu móbil ou tablet
Parte 6:
• Cultura en dixital : museos e audioguías para gozar da arte con Internet
• Lectura dixital: bibliotecas online e uso de diferentes dispositivos para ler os teus libros preferidos
Parte 7:
• Aprende a comunicarche a través de Internet: correo electrónico e aplicacións de vídeo conferencia para falar gratis
• Comunícate cos teus familiares e amigos con WhatsApp.
•
Dispoñerase dunha parte expositiva sobre un contido e de outra sección adicada á resolución de dúbidas interactuando co relator e realizando as prácticas necesarias naquelas aplicacións ou contidos nas sexa posible.