Centro terapéutico da Finca Briz e Obradoiros de Memoria
Haga click para desplegar
A Finca de Briz converteuse nun espazo no que coidar, tratar e dar servizo ás persoas con alzheimer. Da man de Afapo e coa colaboración de Servizos Sociais, existen dúas modalidades de servizos para os usuarios:
![](https://www.concellodemarin.es/wp-content/uploads/2022/07/finca-briz-marin.jpg)
Obradoiros de envellecemento activo:
Os potenciais usuarios son persoas a partir dos 55 anos de idade que carezan de diagnóstico de enfermidade neurodexenerativa, debido ao obxectivo fundamental deste obradoiro, que é o de previr e fomentar o envellecemento activo.
Lévanse a cabo traballos grupais con distintas técnicas que fomenten a cohesión entre as persoas, a sociabilidade, a diversión, o coñecemento mutuo e o traballo en equipo. Ademais, realízanse exercicios cos que traballar a memoria, a linguaxe, a escritura, o cálculo, a atención, a reminiscencia e outras funcións.
Os obradoiros son dous días á semana, os luns e os mércores, cunha duración dunha hora e media cada sesión.
Cada praza terá un custo de 25 euros, 15 dos cales serán aportados polo Concello de Marín e 10 polo participante.
![Centro terapeutico Finca Briz Concello de Marin 13](https://www.concellodemarin.es/wp-content/uploads/2020/11/Centro-terapeutico-Finca-Briz-Concello-de-Marin-13.jpg)
![Centro terapeutico Finca Briz Concello de Marin 1](https://www.concellodemarin.es/wp-content/uploads/2020/11/Centro-terapeutico-Finca-Briz-Concello-de-Marin-1.jpg)
![Centro terapeutico Finca Briz Concello de Marin 2](https://www.concellodemarin.es/wp-content/uploads/2020/11/Centro-terapeutico-Finca-Briz-Concello-de-Marin-2.jpg)
![Centro terapeutico Finca Briz Concello de Marin 3](https://www.concellodemarin.es/wp-content/uploads/2020/11/Centro-terapeutico-Finca-Briz-Concello-de-Marin-3.jpg)
![Centro terapeutico Finca Briz Concello de Marin 4](https://www.concellodemarin.es/wp-content/uploads/2020/11/Centro-terapeutico-Finca-Briz-Concello-de-Marin-4.jpg)
![Centro terapeutico Finca Briz Concello de Marin 5](https://www.concellodemarin.es/wp-content/uploads/2020/11/Centro-terapeutico-Finca-Briz-Concello-de-Marin-5.jpg)
![Centro terapeutico Finca Briz Concello de Marin 6](https://www.concellodemarin.es/wp-content/uploads/2020/11/Centro-terapeutico-Finca-Briz-Concello-de-Marin-6.jpg)
![Centro terapeutico Finca Briz Concello de Marin 7](https://www.concellodemarin.es/wp-content/uploads/2020/11/Centro-terapeutico-Finca-Briz-Concello-de-Marin-7.jpg)
![Centro terapeutico Finca Briz Concello de Marin 8](https://www.concellodemarin.es/wp-content/uploads/2020/11/Centro-terapeutico-Finca-Briz-Concello-de-Marin-8.jpg)
![Centro terapeutico Finca Briz Concello de Marin 9](https://www.concellodemarin.es/wp-content/uploads/2020/11/Centro-terapeutico-Finca-Briz-Concello-de-Marin-9.jpg)
![Centro terapeutico Finca Briz Concello de Marin 10](https://www.concellodemarin.es/wp-content/uploads/2020/11/Centro-terapeutico-Finca-Briz-Concello-de-Marin-10.jpg)
![Centro terapeutico Finca Briz Concello de Marin 11](https://www.concellodemarin.es/wp-content/uploads/2020/11/Centro-terapeutico-Finca-Briz-Concello-de-Marin-11.jpg)
![Centro terapeutico Finca Briz Concello de Marin 12](https://www.concellodemarin.es/wp-content/uploads/2020/11/Centro-terapeutico-Finca-Briz-Concello-de-Marin-12.jpg)
Unidade de Estimulación Terapéutica
O obxectivo desta unidade é o de ofrecer servizos de prevención das situacións de dependencia, apostando pola estimulación terapéutica das persoas con alzheimer e outras demencias neurodexenerativas.
Deste xeito, as persoas responsables de levar adiante a unidade utilizan técnicas dirixidas ao adestramento nas actividades da vida diaria (AVD), axudan á estimulación cognitiva e ofrecen terapia ocupacional, atención psicolóxica, logopedia e actividades de lecer e tempo libre.
Este servizo é de tres días á semana durante catro horas e inclúe o transporte dos usuarios desde o seu domicilio.
Interésame máis información