Programa Convive Comigo

Programa Convive Comigo

O Programa CONVIVE.COMigo pon en marcha procesos de capacitación, valoración, formación e seguemento de persoas ou familias para convivir con adolescentes que teñan que cumprir unha medida xudicial que lles obrigue a convivir con outra persoa, familia ou grupo educativa.

Esta iniciativa, impulsada pola Asociación Arela e a Xunta de Galicia, está tamén activa e dispoñible en Marín, onde actualmente hai dúas familias seguindo o programa.

As familias acolledoras créanlles a estes adolescentes un ambiente socializador e positivo que lles axudará a modificar as circunstancias que motivaron a medida xudicial, e polo tanto, reducinod as posibilidades de que reincidan nos mesmos feitos, comportamentos e actitudes unha vez regresen a vivir coa súa familia de orixe.

Arela ofrece unha formación grupal e individual, e asesoramento, con acompañamento de profesionais e un financiamento de 40 euros diarios durante os meses que permaneza o/a adolescente coa familia ou persoa.

Quero ser familia acolledora:

Contacta co departamento de Servizos Sociais do Concello: 986838117

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados