Ciclo da Auga
Haga click para desplegar
O mantemento e a renovación das redes de abastecemento e saneamento é un traballo que se fai día a día desde o Goberno local, con proxectos que procuran unha mellor xestión destes servizos públicos esenciais, basada na sostibilidade e na preservación do medio ambiente.
Neste sentido, existen proxectos propios de renovación, ampliación ou mellora destas redes, aos que se suman todas as melloras acometidas nas “tripas” das rúas cada vez que se leva a cabo unha humanización.
Desta última cuestión, temos varios exemplos relevantes executados nos últimos anos
A estas importantes actuacións, é imprescindible sumar a renovación do colector da Avenida de Ourense, unha obra de enorme dificultade técnica e imprescindible para garantir o correcto funcionamento do saneamento na nosa vila, evitando verquidos á ría de Pontevedra. Supuxo unha inversión de máis de 1.802.000 euros.
A maiores, tamén é importante destacar a batería de actuacións que se realizaron en materia de saneamento nas Estacións de Bombeo. Por unha banda, modernizouse a EBAR da Goleta, en Aguete, para poñer punto e final aos verquidos de augas fecais que se producían ao arenal, cunha inversión de 161.900 euros. E, por outra, renovouse e ampliouse a EBAR de Loira, para mellorar a prestación do saneamento na zona, por un importe de 90.600 euros.
No que respecta aos proxectos propios de saneamento e abastecemento, actualmente temos dous moi relevantes en execución no RURAL, executáronse recentemente dous moi importantes: a construción dun novo colector en Ardán, entre Pastoriza e Picotes e a ampliación do abastecemento de auga en Bexe.
Finalmente, a un futuro máis a medio prazo está previsto o proxecto de mellora de toda a rede de saneamento do Río Lameira, unha inversión moi potente que cofinanciará Augas de Galicia nun 80% e que ascende a 3.600.000 euros.
A mellora da rede de saneamento no río Lameira, cada vez máis cerca
A Xunta de Galicia, que convocou este luns aos propietarios afectados para tramitar as expropiacións,…