SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ACTIVIADES DENTRO DO PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.
A Xunta de Goberno Local ten solicitado distintas AXUDAS dentro das liñas que para actividades municipais ten asignados a Deputacion, o que constituía o Plan de Acividades Municipal.
O Concello de Marín solicita diversas AXUDAS a eventos deportivos principalmente e de dinamización turística para poder acometer un calendario de actividades que complementará outras actuaciones e eventos que se financiarán en solitario.
O Concello pide unha AXUDA á Deputacion de Pontevedra para ás seguintes actividades:
V Carreira Popular + 10 Marin-Manuel Rosales. 5.000 €.
XIX Milla urbana San Miguel de Marín. 5.000 €.
V Festa Corsaria Gago de Mendoza. 10.000 €.
Copa Galicia de Ximnasia Acrobática 2016. 2.000 €.
II Marín Atlantic Open- World Cup Standard+Open Latino de bailes de salón. 6.000 €.
Torneo de selecciones autonómicas de mini basket 2016. 7.000 €.
O Concello aportará o restante de cada orzamento para poder levar a cabo estas actividades ó longo desde año 2016.
Unha aposta clara polos eventos deportivos que significan un aporte moi importante para o comercio, a hostelería e para a dinamización entorno a actividades que moitas delas van dirixidas a todos os públicos e xeran un interese moi importante entre a poboación, ó igual que se aposta pola Festa Corsaria no verán tratando de consolidar un evento que cada ano debe mellorarse con máis actividades, ambientación e participación.