As actividades organizadas polo Concello seguen a súa programación de cara ó Fin de Ano.
Terán lugar a Festa de Despedida para os Nenos e Nenas ás 12.00 h do día 31 de decembro se o tempo o permite na Alameda Rosalía de Castro ou na Carpa máis grande a denominada Soña.
ORQUESTA XACOBEO.
Pola noite a partir das 00.30 h actuará a Orquesta XACOBEO no Multiusos do Mercado onde poderase disfrutar da música, do baile, da Festa e da apertura do ano novo.
ACTIVIDADES NAS CARPAS.
A pesar do tempo, consérvanse as actividades nas Carpas da Alameda e os Postos da Asociación de Artesáns, unha vez que finalice a alerta laranxa.
Durante os días de bo tempo a afluencia de público a todas elas foron importantes, xerando ambiente propicio para o disfrute dos Nenos e Nenas que son os principais protagonistas destas datas.