Programa Rede – Emprende en igualdade.

Programa Rede – Emprende en igualdade.

Coa finalidade de fomentar a adaptabilidade e a competitividade no mercado actual para tódas aquelas mulleres potencialmente emprendedoras e para axudalas na posta en marcha na busca de emprego e na modernización das súas empresas, crean o programa “Rede – Emprende en Igualdade”.

Este programa ten como obxetivo mellorar as capacidades de emprendemento e busca de emprego feminino a través de:

  • Fomento e coñecemento das competencias.
  • Formación tecnolóxica e as redes sociais.
  • Posta en marcha e modernización das actividades e capacidades empresariais e persoais.

 Os módulos que presenta en formación e asesoramento son:

  • Iniciación á internet e redes sociais.
  • Novas tecnoloxías e emprendemento.
  • Novas tecnoloxías e busca de emprego.
  • Redes e transposición de experiencias.
  • Perspectiva de xénero.

A duración proposta dos cursos é de 20 horas, cun máximo de 25 alumnas por curso. A primeira edición lévase a cabo os días 9,10,11,12,13 e 16 de novembro de 2015, de 10:00 a 13:00 horas e o día 17 de novembro de 10:00 a 12:00 horas, na aula CEMIT da Biblioteca Pública Municipal Vidal Pazos. (Avda Ourense Nº8 – 2º Piso).

Organiza a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración co Concello de Marín (Centro de Información á Muller – CIM), Aula CEMIT e o Colexio Profesional de Enxeñería e Informática de Galicia.

Anterior Melloras no mercado e nas zonas comerciais.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados