O Espazo Emprendedor acolleu unha charla de emprendemento para dar os pasos claves na posta en marcha dun negocio ou empresa
Marín, 4 abril 2025
O Espazo Emprendedor de Marín acolleu esta mañá unha charla a cargo da responsable do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Vilanova de Arousa, Yolanda Brea García, sobre emprendemento, no que falou sobre axudas e subvencións que poden recibir os futuros emprendedores.
Este Polo é unha rede moi práctica que traballa para impulsar e consolidar proxectos de empredemento que teñan unha vinculación ca súa contorna. Grazas a esta rede de emprendemento, as persoas que queiran facer realidade o seu negocio poden atopar acompañamento e asesoramento continuado.
A concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, tamén participou do encontro, no que quixo animar a todas as persoas asistentes a dar ese paso que fai realidade unha idea de negocio e detallou algunhas das ferramentas a nivel local que o Concello ten a disposición das persoas emprendedoras, como é o propio espazo do Parque Azul no que se desenvolveu a charla.