Unha viaxe para celebrar o Día do Pai: a campaña de dinamización comercial do Concello para o 19 de marzo
Unha viaxe para celebrar o Día do Pai a campaña de dinamización comercial do Concello para o 19 de marzo

Unha viaxe para celebrar o Día do Pai: a campaña de dinamización comercial do Concello para o 19 de marzo

As persoas que fagan compras por 30 euros ou máis no comercio local de Marín entre o 1 e o 17 de marzo poderán optar ao sorteo de catro bonos turísticos por valor de 500 euros para canxear nunha das catro axencias de viaxes locais participantes. Os bonos terán validez ata o 31 de decembro de 2025.

Marín, 28 febreiro 2025

Apoiar ao comercio local nun momento onde o consumismo aumenta, favorecer a un sector que sufriu especialmente nos últimos anos como son as axencias de viaxes e premiar a fidelidade dos que apostan polo comercio local para facer os regalos do Día do Pai. Eses son os tres obxectivos que persegue a nova campaña de dinamización comercial presentada esta mañá pola concelleira de Comercio, Cristina Acuña.

Os participantes deberán realizar compras ou suma de compras superiores a 30C en calquera establecemento de Marín, a excepción da hostelería, supermercados, farmacias e gasolineiras, os cales quedan excluídos.

No caso de ser un único ticket superior a 30C, deberá ao reverso do ticket escribir o nome e apelidos, DNI e número de teléfono. No caso de ser un conxunto de tickets, deberán graparse e ao reverso e escribir nome e apelidos, DNI e número de teléfono da persoa participante.

Os tickets deberán ser orixinais, polo que en caso de ser necesarios para garantías ou devolucións será necesario pedir un duplicado no momento da compra ou servizo.

Estes tickets debidamente cubertos, deberán ser depositados no buzón habilitado na Caseta da Oficina de Turismo ubicada na Praza de España, dende o 1 de marzo de 2025 ata o 18 de marzo de 2025.

Ao día seguinte, 19 de marzo, Día do Pai, celebrarase o sorteo no Salón de Plenos do Concello de Marín. Sortearanse 4 BONOS TURÍSTICOS POR VALOR DE 500C cada un, procedentes de tres axencias de viaxes locais: Viajes Dysa, Viajes Rascado, Viajes Corbera y Viajes Deza Marín.


Os BONOS TURÍSTICOS, poderán ser utilizados dende a súa entrega ata o 31 de decembro de 2025. Os premios non poderán ser canxeados en metálico.

DIA DO PAI 2025
Anterior Marín 360: a estratexia coa que o Concello de Marín se presentará á nova convocatoria de fondos europeos

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados