Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias numerosas de Marín

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias numerosas de Marín

O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda

Marín, 14 xaneiro 2025

O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá que desde o inicio de ano está aberto o prazo para solicitar no departamento de Tesourería do Concello a bonificación do 40% do IBI que o Concello ten habilitado para as familias numerosas.

Esta bonificación, que se aplica sobre a cota íntegra, forma parte da política fiscal do Goberno local desde o ano 2020, cando se aprobou un Plan de Axuste no que se incorporou esta medida para facilitar o pago de tributos. No 2024, tramitáronse 82 solicitudes.

Agora, as familias interesadas poderán solicitar a bonificación ata o 30 de abril, presentando o título acreditativo da súa situación de familia numerosa vixente no exercicio actual e a referencia do inmoble sobre o que se aplicará a redución do 40% no pago do IBI.

Anterior Un Concerto de Nadal das tres corais de Marín para festexar o inicio de xaneiro

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados