O Torneo Tucho de la Torre cumpre a súa novena edición
Torneo Tucho de la Torre cumpre a súa novena edición

O Torneo Tucho de la Torre cumpre a súa novena edición

O evento deportivo, que congregará a 19 equipos e a cerca de 600 xogadores, será do venres ao domingo e incluirá unha sentida homenaxe a Rubén Farto

Marín, 04 decembro 2024

A alcaldesa, María Ramallo, e os concelleiros Antonio Caíña e Antonio Traba, presentaron xunto coa directiva e os nenos e nenas do Villa de Marín no Estadio de San Pedro a novena edición do Torneo Tucho de la Torre, un clásico evento deportivo da nosa vila que congrega a centos de rapaces de distintos lugares do territorio estatal de benxamín-alevín.

En total, participarán 19 equipos, “cunha composición parecida a do ano pasado” e un total de 600 nenos e nenas entre a fase previa e a final, que se desenvolverán no estadio municipal ao longo desta ponte, do venres ao domingo.

Este ano, ademais, haberá un importante xesto de recordo a Rubén Farto, cun memorial no seu nome despois do seu falecemento o ano pasado nun tráxico accidente de tráfico que conmocionou a toda a sociedade e ao deporte base marinense.

Cartel Tucho de la Torre 2024
Anterior O Goberno local presenta o borrador do Orzamento para 2025, o máis elevado da historia de Marín e marcado polo gasto en servizos públicos esenciais

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados