A alcaldesa recibe aos sete nenos e nenas saharahuis que pasarán o seu verán na comarca do Morrazo
A alcaldesa recibe aos sete nenos e nenas saharahuis que pasarán o seu verán na comarca do Morrazo

A alcaldesa recibe aos sete nenos e nenas saharahuis que pasarán o seu verán na comarca do Morrazo

Desde a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui aseguran que se precisan máis familias para seguir mantendo un programa que é clave na cooperación entre ambos lugares.

Marín, 10 xullo 2024

A alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, recibiron esta mañá aos sete nenos e nenas saharauis que pasarán dous meses nos distintos concellos do Morrazo, antes de volver xunto ás súas familias.

Karin, Yumana, Salka, Ahmed Jady, Moina e Salek coñeceron o salón de Plenos e as instalacións municipais e recibiron de mandas da alcaldesa un vale de 30 euros para mercar material escolar e de debuxo.

Este programa, “Vacacións en paz”, é posible grazas ao traballo da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, que levan impulsando anos esta iniciativa coa que cerca de 300 rapaces e rapazas chegan a Galicia desde os campos de refuxiados de Tinduf para pasar as súas vacacións e ter a oportunidade de facer de Galicia o seu segundo fogar durante un tempo.

Desde a asociación, recordan que sempre lles fan falta familias e desde o Concello fan un chamamento á veciñanza de Marín a que contacte coa plataforma e se informe do programa de cara ao verán que ven, para poder seguir recibindo a nenos e nenas que ata os 12 anos poden seguir beneficiándose dunha iniciativa clave en cooperación internacional.

Anterior Aguete convértese no cumio do paddle surf coa celebración do Aguete SUP Race

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados