Co obxectivo de dar servizo ao estudantado que aínda está en período de exames, a Biblioteca abrirá ata o 12 de xullo de 09.00 a 21.00 horas, ininterrumpidamente, de luns a venres.
Marín, 17 xuño 2024
O Concello de Marín ampliará o horario da Biblioteca Municipal, co obxectivo de ofrecer este servizo ao estudantado que aínda se atopa en período de exames, respondendo así a unha demanda que se viña detectando, xa que ata o momento, desde o 1 de xullo só se abría pola mañá.
Deste xeito, durante as dúas primeiras semanas de xullo, é dicir, ata o venres 12, a Biblioteca abrirá ininterrumpidamente de 09.00 a 21.00 horas.
A pastor do 15 de xullo si que entrará en vigor o horario de verán, de 09.00 a 14.30 horas, que se manterá activo ata o venres 20 de setembro.