Avanzan a bo ritmo as obras de mellora da mobilidade na Rúa Concepción Arenal

Avanzan a bo ritmo as obras de mellora da mobilidade na Rúa Concepción Arenal

A mellora da mobilidade urbana segue dando pasos en Marín co avance das obras de Concepción Arenal, a arteria paralela á Avenida de Ourense, onde grazas a un convenio coa Xunta de Galicia estase puidendo dar continuidade á mellora que xa se levara a cabo nun primeiro tramo, entre Estribela e a Rotonda das Anclas.

Nestes momentos, actúase desde ese punto final e ata o entronque co Hotel Villa de Marín. Nos últimos días, xa se pode comprobar como quedan as novas beirarrúas que, tal e como explica o ente autonómico, encargado da xestión da obra, buscan un ancheamento abondo para a seguridade e a comodidade dos peóns, así como para garantir a accesibilidade e o bo tránsito das persoas en cadeira de rodas, con andador…

Na esquina coa Cafetería A Mouta colocarase unha xardineira que seguirá a estética das da Rúa da Estrada, para dar unha coherencia a toda a avenida. Ademais, agora seguirán avanzando ata o entronque con Inferniño, actuando tamén na beirarrúa xunto á EEI O Grupo, aproveitando que xa se deu por rematado o curso escolar e non se producen molestias á actividade académica.

Con respecto aos estacionamentos, na primeira parte da obra (entre a Rotonda das Anclas e A Mouta) elimináronse as prazas da beira dereita (fronte á cafetaría). Nesta segunda parte que está a piques de comezar, mantéñense todas as prazas da Zona 2H fronte ao centro escolar e cambiaranse as que están en batería ata o hotel para colocalas en liña.

Anterior Xa está activo de xeito gratuito o servizo de control de pombas e gaivotas

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados