Son 4 postos en cada un dos mercados, destinados a carnicería e alimentación, peixe fresco e actividades comerciais.
Marín, 14 maio 2024
As Prazas de Abastos son espazos municipais cuxa función trascende á venda de alimentos. Son lugares de reunión, de cultura popular, de calidade gastronómica, de economía local e, por suposto, tamén de ocio e desfrute. Por iso, desde o Concello de Marín trabállase pola súa mellora constante.
Por iso, desde o Concello ábrese a licitación de 8 postos nas prazas tanto de Marín coma de Seixo, a través dun concurso para o que as persoas interesadas poderán presentar ofertas ata o luns 10 de xuño.
Acuña explicou que, especialmente no caso de Seixo, “estamos desexosos de seguir adiante, xa que neste caso notamos unha maior complicación á hora de que estes negocios estean activos”.
Tal e como se recolle na documentación administrativa, sairán os seguintes postos, co seu correspondente canon mínimo, que poderá ser mellorado á alza polas persoas licitadoras:
Mercado de Marín
Posto | Superficie | Destino | Canon anual mínimo |
1012 | 22,50 m2 | – Carnicería e chacinería – Conxelados – Pan e derivados de fariña – Leite e derivados – Froitas, verduras e outros produtos alimenticios (agás peixe fresco) | 744,37 euros |
1144 | 3,00 m2 | Peixe fresco | 99,25 euros |
1224 | 3,30 m2 | Peixe fresco | 109,17 euros |
1324 | 10,50 m2 | Actividade comercial de diversa índoleActividades relacionadas coa hostalaría | 347,37 euros |
Mercado de Seixo
Posto | Superficie | Destino | Canon anual mínimo |
1 | 17,45 m2 | Carnicería e chacineríaConxeladosPan e derivados de fariñaLeite e derivadosFroitas, verduras e outros produtos alimenticios (agás peixe fresco) | 432,97 euros |
2 | 17,50 m2 | Carnicería e chacineríaConxeladosPan e derivados de fariñaLeite e derivadosFroitas, verduras e outros produtos alimenticios (agás peixe fresco) | 434,21 euros |
6 | 3,12 m2 | Peixe fresco | 77,41 euros |
8 | 3,12 m2 | Peixe fresco | 77,41 euros |
O equipamento dos postos, así como as obras de adecuación interna e o acondicionamiento dos mesmos, serán a cargo de cada titular, que á súa vez deberán contar coa inscrición no epígrafe correspondente no IAE e co curso de manipulador de alimentos.
As concesións outorgaranse por cinco anos sen prórrogas e non poderán acadarse máis de dos postos concesionados no mercado, contando aqueles que se poden ter na actualidade.
No prego técnico recóllense algunhas das obrigas que terán os titulares dos postos, unha vez lles sexan adxudicados, entre as que destacan:
● O pago de todas as taxas, impostos e prezos públicos correspondentes coa súa actividade
● Exercer ininterrompidamente, durante o horario que se corresponda, a súa actividade
● Efectuar diariamente a limpeza do seu posto, procurando que estea en óptimas condicións hixiénico-sanitarias
● Ter expostos os prezos por unidades ou quilogramos
● Asumir os gastos correntes de luz, auga, teléfono…