O Concello abre a contratación para executar a mellora do skatepark do Parque Azul

O Concello abre a contratación para executar a mellora do skatepark do Parque Azul

O taboleiro de anuncios do Concello de Marín vén de publicar o anuncio para a contratación das obras de mellora e rehabilitación do skatepark do Parque Azul de Cantodarea, unha instalación de ocio xuvenil moi utilizada e que o Concello quere poñer en valor.

As empresas que estén interesadas teñen un prazo de 3 días naturais para presentar as súas ofertas a través da sede electrónica do Concello, seguindo os datos que aparecen na propia publicación do anuncio (https://shorturl.at/jJKX4).

O valor estimado do contrato ascende a case 40.000 euros e ten por finalidade adaptar os elementos do skatepark ás necesidades dos usuarios, xa que nestes momentos presentan un importante deterioro na conservación dos mesmos, tanto polo intenso uso como polo paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas, tendo en conta que ten 10 anos de antigüidade.

A actuación consistirá na reparación de todos os módulos de formigón e das bancadas, así como a substitución da reixa de recollida de pluviais. Tamén se limparán os muros e o peche perimetral do parque.

Volverase pavimentar todo a lousa do chan e cambiarase a baranda metálica. En canto aos módulos de aceiro que hai sobre as actuais escaleiras, serán retirados para realizar dous novos en formigón.

Anterior Negocios que pasan de pais a fillos

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados