Rematadas as obras de mellora do camiño que une Casás coa praia da Coviña

Rematadas as obras de mellora do camiño que une Casás coa praia da Coviña

O Concello de Marín rematou hai uns días as obras de mellora que se levaron a cabo no camiño que une Casás e a praia da Coviña, unha zona que especialmente no verán soporta moito tráfico, polo uso das praias e a cantidade de xente que utiliza a parcela anexa á estrada dado que se habilita como aparcadoiro disuasorio.

A alcaldesa, María Ramallo, e os edís Pablo Novas e Manuel Santos acudiron ata o lugar para encontrarse coa veciñanza e comprobar o bo resultado desta actuación, que interviu en distintos puntos.

Por unha banda, na mellora de pavimentación da calzada, que se atopaba en mal estado e no que había que mellorar o drenaxe, e tamén no muro de peche e sostemento do vial, que precisou dun refozo e que se pechou cunha valla.

Os traballos forman parte do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia. Supuxo unha inversión de maís de 46.000 euros.

Anterior A piscina municipal de Marín reabrirá as súas portas a primeira semana de marzo tras as obras de mellora

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados